viernes, 23 de abril de 2021

CONCURSO LITERARIO "LOLITA IGLESIAS" 2021

Xa temos gañadores!! 

 Alá polo mes de novembro presentamos as bases do concurso literario para a presente edición. Os pequenos escritores buscaban inspiración ou convocaban as musas para ir perfilando os seus textos. Tras varios meses de traballo, en marzo presentaban as súas propostas. 



 O xurado, composto por profesores, nais de alumnos e antigos alumnos, reuniuse de xeito telemático o pasado 13 de abril para elixir os gañadores. Despois de que cada integrante realizara a súa aportación elaboraron a listaxe dos textos premiados; localizados os autores dos mesmos confeccionamos a listaxe completa. 

Os galardoados deste ano son: 

CAT.

MODALIDAD

PREMIO

TÍTULO

PSEUDÓNIMO

AUTOR/A

A

POESIA

1º

 

LA LIBERTAD

 

IDIOSINCRASIA

Marta Rico Canitrot

2º

 

MI MADRE

SD15183A

Anna González Bernal

B

NARRATIVA

1º

desierto

2º

 

TWINCHLE

 

POTTERHEAD

Noelia Míguez Serramito

POESIA

Desierto

C

POESIA

1º

Desierto

2º

A PRADARÍA

AUDREY

Ruyi Ye

FÉNIX

CASIOPEA

Francesca Bernardi Cuns

NARRATIVA

1º

Desierto

2º

UNA DIADEMA EN LA SELVA

VIOLETTA

Ruyi Ye

D

POESÍA

1º

NUESTRA TIERRA NUESTRO HOGAR

MERLÍN

Alejandro Cano Aguilar

2º

A ALAMEDA

 

CAM

Camila Peraza Delgado

ESPECIAL

Desierto

NARRATIVA

1º

Desierto

 

2º

ASESINATO IMPOSIBLE

NO SOY EL ASESINO

Alba Martínez Lamelas

E

POESÍA

1º

DESDE MI VENTANA

VÍA LÁCTEA

Adriana González Pereira

2º

EL AMOR

REINA

Helena González Bernal

NARRATIVA

1º

Desierto

 

2º

AS AVENTURAS DE SARA

LA NOCHE ESTRELLADA

Sara Míguez Serramito

F

POESÍA

1º

EL CONFINAMIENTO

EL PEPE

Manuel González de la Ballina Peleteiro

2º

Sin título

 

LOK

Miguel Herrador Lorenzo

NARRATIVA

1º

UN MUNDO SUBMARINO

LOS FUTBOLÍSIMOS

Alejandro Iglesias Rey

2º

EL ZOO DE KUNTERBUNT

PIPI LONGSTRUMP

Alicia Tábora Álvarez-Santullano




 EN HORA BOA a todos/as!! 

 O próximo luns celebraremos a entrega de premios. 

 Non perdades de vista o blog: 
                    
                   Publicaremos fotos do evento.

                   Compartiremos os textos galardoados para que os poidades ler.

lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2021


Día Mundial da Poesía


Foi en 1999 cando a UNESCO elixiu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade das linguas que se poidan atopar en perigo.

Esta celebración é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, escritura e ensinanza da poesía e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes coma o teatro, a danza, a música e a pintura aumentado a súa visibilidade nos medios.



 Haikus no Día Mundial da Poesía



Os alumnos e alumnas de 6º de EP celebraron o Día Mundial da Poesía (21 de marzo), que coincide co Día Mundial dos Bosques, "plantando" na aula a súa propia "árbore de haikus".






O haiku é un poema xaponés de tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente, no que o poeta mostra o seu asombro por todo o que o rodea, principalmente a natureza.

Estas son algunhas das súas composicións:













Aprendendo cos xornais

 


FUTUROS XORNALISTAS


 Na "semana da prensa”  os alumnos de 2º ciclo de Educación Primaria estiveron traballando nas clases cos xornais impresos pero tamén coa prensa dixital. Para elo, fixeron actividades nas que aprenderon un montón de cousas: coñeceron as diferentes partes dun xornal, as súas seccións, as principais diferenzas entre un xornal dixital e un en papel, localizaron as partes dunha noticia, crearon as súas propias, inventaron titulares divertidos, titulares que lles gustarían que foran reais e incluso tiveron tempo para atopar dentro dunha noticia diferentes verbos, substantivos, adxectivos ...  Puideron gozar dunha semana repleta de actividades educativas, lúdicas e, sobre todo, moi divertidas.






miércoles, 17 de marzo de 2021

INTRÉPIDOS XORNALISTAS


1º e 2º DE PRIMARIA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA


Dende o 8 ao 12 de marzo, co gallo da celebración da Semana da Prensa, os nenos de 1º e 2º EP estiveron inmersos nun proxecto no que construíron os seus propios xornais. 

Realizaron un excelente traballo xornalístico e de investigación participando nunha actividade diferente e divertida. A través dela aprenderon moito porque asignaron cada sección do xornal  a cada unha das materias escolares: deportes,  pasatempos musicais, healthy habits, o tempo, entrevista etc.


 







Coincidindo nas datas de elaboración co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, destinaron a entrevista a coñecer á directora do centro, María Lavandeira,  que lles contou a súa experiencia e resolveu as preguntas máis curiosas dos pequenos xornalistas. Aprenderon que todos podemos acadar o que nos propoñamos, que só fai falta esforzo e constancia.



 

lunes, 15 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 POEMAS-COLLAGE NA SEMANA DA PRENSA


É posible atopar poesía nun xornal? Só hai que saber mirar. 

Con motivo da Semana da Prensa, os rapaces e rapazas de 6º de EP traballaron cos xornais, buscando versos cos que compoñer os seus propios poemas visuais. 

Velaquí algúns exemplos: