Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de mayo de 2024

CONCURSO DE LECTURA

 ENTREGA DE PREMIOS

                                O pasado xoves 23 de maio tivo lugar no salón de actos do colexio a entrega de premios dos concursos organizados polo Seminario de lengua.

A proposta de lectura elixida foi a POESÍA, adaptándose ao lema deste curso "Escoitar co corazón" e  todo o alumnado de 3º a 6º de primaria  participou enviando lecturas de poemas tanto en galego coma en castelán.

Despois dunha complexa selección polo alto  nivel dos audios e vídeos recibidos cada profesor presentou  dous finalistas por clase dos que saiu un vencedor elixido por todos os profesores de lingua castelá de primaria. 

Compartimos as imaxes da sesión de entrega de premios e as voces dos galardoados nesta II edición do Concurso de Lectura. 

Preme no enlace para escoitar

                       3ºA: Ixel Cerdeira e Emma Martínez  

1º premio: Ixel Cerdeira  RETRATO de Antonio Machado

                                 

3º B: Mª José Torres e Adrián Velasco

1º premio: Mª José Torres EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO de Federico García Lorca


4ºA  Carmela  Mosquera e Diego Pérez
1º premio: Carmela Mosquera  PEGASOS LINDOS PEGASOS de A. Machado

                                  

4ºB  Manuel Rivas e Hugo Salgado
1º premio: Hugo Salgado O LUME NOVO de Manuel María


5ºA Noa Castro e Lía Castro Mouriño
1º premio: Lía Castro Mouriño PARÁBOLAS I de Antonio Machado



5ºB David Ramos e Emma Smith
1º premio: Emma Smith EL OLMO de Antonio Machado

                             

6ºA: Pablo Murado y Olalla Rodríguez
1º premio Pablo Murado LA LLUVIA

                              

6º B Miguel Herrador e Matías Ungureanu
1º premio Matías Ungureanu PARÁBOLA I de Antonio Machado
Mención especial á creación propia:  SAÍNZA GONZÁLEZ TARRÍO SAN JOSÉ DE CLUNY de Saínza

martes, 23 de abril de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 

                                       

CoIncidindo coa data do día do libro: 23 de abril, San Xurxo, os dous grupos de 5ºEP realizaron unha ruta literaria seguindo as pegadas de Rosalía de Castro na cidade. Visitaron algúns lugares vencellados a nosa poeta universal: o seu lugar de nacemento no emprazamento que hoxe ocupa a Praza de Vigo; o Hostal dos Reis Católicos onde foi bautizada; unha das súas residencias no casco antigo, xunto á Praza da Universidade e San Domingos de Bonaval, lugar onde descansan os seus restos. Nalgún destes emprazamentos realizaron a lectura dalgún dos seus poemas.




No monumento a Rosalía na Alameda participaron, xunto a outros alumnos de colexios de Escolas Católicas da cidade, na homenaxe á nosa lingua. Tras un recordatorio aos ilustres galegos coma Asorey, Castelao, Antonio Fraguas, Alfredo Brañas e a propia Rosalía de Castro escoitaron a regueifeira Lupe Blanco, que fixo unha demostración fantástica das súas habilidades na improvisación e logrou que pasaran unha mañá estupenda, poñendo a todos a bailar!




lunes, 4 de marzo de 2024

RETO LECTOR

 MARZO, MES DA POESÍA






A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) define a poesía coma unha forma de expresión chea de valores comúns que comparte toda a humanidade e na que un poema convírtese nun catalizador de diálogo e paz.


Co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e visibilizar as lingua que están en perigo decidiuse homenaxear un día cada ano a este xénero literario.
O 21 de marzo, día da poesía serve tamén para promover a lectura,escritura e ensinanza da poesía con diferentes actividade e homenaxes a poetas.


Dende o poema de Gilgamesh, primeiro poema da historia atopado sobre unha táboa de arxila na antiga Sumeria entre os anos 2500-2000 a. C. ata a actualidade foron moitas as voces poéticas que chegaron a nós.


lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2021


Día Mundial da Poesía


Foi en 1999 cando a UNESCO elixiu o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía para apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade das linguas que se poidan atopar en perigo.

Esta celebración é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, escritura e ensinanza da poesía e fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes coma o teatro, a danza, a música e a pintura aumentado a súa visibilidade nos medios.



 Haikus no Día Mundial da Poesía



Os alumnos e alumnas de 6º de EP celebraron o Día Mundial da Poesía (21 de marzo), que coincide co Día Mundial dos Bosques, "plantando" na aula a súa propia "árbore de haikus".






O haiku é un poema xaponés de tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente, no que o poeta mostra o seu asombro por todo o que o rodea, principalmente a natureza.

Estas son algunhas das súas composicións:













jueves, 21 de marzo de 2019

CLUNY NO MUNDO: DÍA DA POESÍA


No ano 1999 a UNESCO proclama o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía para impulsar e preservar o xénero lírico como una manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas mediante a palabras, da creatividade e a emoción.
A finalidade desta xornada é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade a todas as linguas de ser canle de comunicación artística nas súas comunidades.
Un dos seus obxectivos é promover a ensinanza deste xénero literario. Coincidindo con esta efeméride os alumnos de 4º EP realizan o seu proxecto literario: Historia da Poesía. A través desta actividade descobren o xénero lírico tanto en galego coma en castelán ao longo da historia da man dos máis ilustres poetas  e as súas obras máis relevantes.