FUTUROS XORNALISTAS
Na "semana da prensa” os alumnos de 2º ciclo de
Educación Primaria estiveron traballando nas clases cos xornais impresos pero
tamén coa prensa dixital. Para elo, fixeron actividades nas que aprenderon un montón
de cousas: coñeceron as diferentes partes dun xornal, as súas seccións, as
principais diferenzas entre un xornal dixital e un en papel, localizaron as
partes dunha noticia, crearon as súas propias, inventaron titulares divertidos,
titulares que lles gustarían que foran reais e incluso tiveron tempo para
atopar dentro dunha noticia diferentes verbos, substantivos, adxectivos
... Puideron gozar dunha semana repleta
de actividades educativas, lúdicas e, sobre todo, moi divertidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario