Dende o 8 ao 12 de marzo, co gallo da celebración da Semana da Prensa,
os nenos de 1º e 2º EP estiveron inmersos nun proxecto no que construíron os
seus propios xornais.
Realizaron un excelente traballo xornalístico e de investigación participando nunha actividade diferente e divertida. A través dela aprenderon moito porque asignaron cada sección do xornal a cada unha das materias escolares: deportes, pasatempos musicais, healthy habits, o tempo, entrevista etc.
Coincidindo nas datas de elaboración co 8 de marzo, Día Internacional da
Muller, destinaron a entrevista a coñecer á directora do centro, María
Lavandeira, que lles contou a súa
experiencia e resolveu as preguntas máis curiosas dos pequenos xornalistas. Aprenderon
que todos podemos acadar o que nos propoñamos, que só fai falta esforzo e
constancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario