CoIncidindo coa data do día do libro: 23 de abril, San Xurxo, os dous grupos de 5ºEP realizaron unha ruta literaria seguindo as pegadas de Rosalía de Castro na cidade. Visitaron algúns lugares vencellados a nosa poeta universal: o seu lugar de nacemento no emprazamento que hoxe ocupa a Praza de Vigo; o Hostal dos Reis Católicos onde foi bautizada; unha das súas residencias no casco antigo, xunto á Praza da Universidade e San Domingos de Bonaval, lugar onde descansan os seus restos. Nalgún destes emprazamentos realizaron a lectura dalgún dos seus poemas.
No monumento a Rosalía na Alameda participaron, xunto a outros alumnos de colexios de Escolas Católicas da cidade, na homenaxe á nosa lingua. Tras un recordatorio aos ilustres galegos coma Asorey, Castelao, Antonio Fraguas, Alfredo Brañas e a propia Rosalía de Castro escoitaron a regueifeira Lupe Blanco, que fixo unha demostración fantástica das súas habilidades na improvisación e logrou que pasaran unha mañá estupenda, poñendo a todos a bailar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario