Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2026

CLUBS LECTURA

 Pechamos o curso dos clubs de lectura cunha tarde moi especial!


Participantes dos clubs de Primaria, ESO e Adultos compartiron unha actividade interxeracional inspirada en Matilda, na que tiveron que superar diferentes retos e seguir pistas por toda a biblioteca para resolver un divertido misterio.

Foi unha magnífica oportunidade para compartir lecturas, traballar en equipo e gozar da biblioteca como un espazo de encontro entre xeracións.

                                                                  

Ao remate do xogo, celebramos o fin de curso cunha merenda e cada participante puido escoller algún fondo da biblioteca para levar consigo e seguir desfrutando da lectura durante o verán. 

Grazas a todas as persoas que formades parte dos nosos clubs de lectura por facer deste curso unha aventura chea de historias, descubrimentos e momentos compartidos.

Bo verán e felices lecturas! 

miércoles, 27 de mayo de 2026

CLUB LECTURA LENDEIROS

 



No mes de maio tivemos unha sesión moi especial no Club de Lectura de Familias coa visita de Mercedes Autrán, autora de Por unha promesa.

Mercedes compartiu con nós a historia que hai detrás da súa primeira novela, un libro nacido dende o corazón e escrito como unha homenaxe á súa nai, gran seguidora de telenovelas. Un relato cheo de emoción que nos transporta ata Rois, a súa aldea, e mestura ficción con anécdotas e lembranzas vividas por ela e pola súa familia.

Foi un encontro entrañable no que puidemos conversar sobre o proceso creativo, as inspiracións persoais e descubrir como as historias máis auténticas adoitan nacer das emocións máis sinceras.

Grazas, Mercedes, por acompañarnos e por compartir con nós esta experiencia tan especial. 

sábado, 25 de abril de 2026

CONCURSO LECTURA 2026


Entrega de premios 

 IV Edición del Concurso de Lectura

Como broche final a nuestra Semana de la Lectura, el pasado viernes 24 de abril celebramos la entrega de premios de la IV Edición del Concurso de Lectura para el alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.

Este certamen, centrado en la lectura en voz alta, tuvo este año como temática los cuentos, ofreciendo a los participantes la oportunidad de demostrar no solo su competencia lectora, sino también su expresividad, entonación y capacidad para dar vida a las historias.

A la sesión final acudieron dos finalistas por aula después de un proceso previo de selección realizado por el profesorado de lengua castellana. Fue un encuentro muy especial en el que pudimos compartir el entusiasmo por la lectura y reconocer el esfuerzo de todos los participantes.

Durante el acto se dieron a conocer los ganadores/as de cada nivel, y los premios fueron entregados por sus respectivos tutores/as  en un momento cargado de emoción y orgullo.

Uno de los instantes más especiales de la tarde llegó cuando, una vez anunciado cada ganador/a, este realizó en directo la lectura del cuento presentado a concurso, permitiendo al público disfrutar nuevamente de su talento lector.

Desde la biblioteca escolar queremos felicitar a todos los finalistas y, de manera especial, a los premiados, por su excelente trabajo y por seguir haciendo de la lectura una experiencia viva y compartida.

Acompañan esta entrada  una fotografía individual de cada ganador o ganadora con enlace al audio presentado al concurso, para poder volver a disfrutar de sus lecturas.

                            LARA CAAMAÑO RIVAS           VALERIA FORMOSO SÁNCHEZ


                        MATEO PEREIRA MOREIRA        JUAN FERREIRA KIRMAYER

                        DAVID SANTIAGO RIVAS               GABRIELA ALVA DOMÍNGUEZ

                            HUGO SALGADO CARREIRA         LEO LÓPEZ MÍGUEZ

¡Enhorabuena a todos/as por hacer crecer, un año más, nuestra comunidad lectora!

jueves, 18 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓN LECTORA NADAL 2025

 Que a lectura ilumine este NADAL!!

Buscas un novo libro para este tempo de lecer? 

                          Necesitas un título para engadir na túa carta aos Reis Magos?

                                                              Descobre a recomendación para este Nadal.

Preme na seguinte ligazón: 



O equipo de Biblioteca deséxavos felices lecturas e BO NADAL!!

viernes, 6 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA "LECTORES S. A."

ENCONTRO CON DIANA REY





Os participantes do club de lectura "Lectores S. A." tiveron a oportunidade de coñecer á autora da proposta de lectura do mes de maio: India y el descubrimiento de los minders.

Conversaron sobre a súa inspiración á hora de escribir o libro, as curiosidades da súa creación e pedíronlle que axilizara a escritura da segunda parte da historia.


lunes, 5 de mayo de 2025

CONCURSO LECTURA




O Seminario de Lingua Castelá anunciou os gañadores da III edición do CONCURSO DE LECTURA na tarde do venres 2 de maio no salón de actos do colexio. 

Os alumnos e alumnas de 3º a 6º de primaria organizados en grupos traballaron o teatro lido: seleccionaron a obra, practicaron a lectura e gravaron na radio a súa intervención. Foron os profesores de lingua castelá de primaria os encargados de elixir as mellores interpretaciós.  Os  galardoados/as realizaron unha lectura en vivo para todos os presentes antes de recoller o seu premio.

Presentamos aos vencedores deste edición. Preme no título para escoitar as lecturas.





jueves, 5 de diciembre de 2024

CLUB LECTURA "LENDEIROS"

 RECIBE A VISITA DE
BEATRIZ GARCÍA TURNES

O club de lectura "Lendeiros" composto por pais e nais do alumnado do centro participou na  sesión de decembro onde recibiu a Beatriz García Turnes, autora do libro proposto como lectura de novembro. 
Comando Sintrom é un libro de relatos onde encontramos un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no final da súa vida.
A autora presenta mulleres actuais que a pesar da súa idade se adaptan aos novos tempos.
Todos os participantes concordaron en que foi una lectura amena, con toques de humor e unha carga emotiva porque moitas protagonistas lembraron ás mulleres maiores do seu entorno.

domingo, 2 de junio de 2024

RETO LECTOR

 MAIO, MES DOS CLÁSICOS LITERARIOS XUVENÍS


Dentro da Literatura Xuvenil poderiamos falar da existencia dunha serie de clásicos, obras que, pola súa importancia literaria  e notable cualidade ao longo das décadas, móstranse como pezas fundamentais non só para o entretenimento senón como transmisores de gran parte da nosa cultura.

As obras de autores como Enid Blyton, Xulio Verne, Agatha Christie ... entre outros foron e continúan sendo referentes das primeiras lecturas de moitas xeracións de nenos e mozos.

Cal é o teu título? O que te permitiu entrar no marabilloso mundo da lectura?

Como aperitivo a un verán lector convidámoste a descubrir e ler novas propostas....atréveste?