miércoles, 22 de abril de 2026

CLUB LECTURA LENDEIROS CELEBRA O DÍA DO LIBRO

 A culpa de celebrar lendo… con María Solar

                                                      

Na véspera do Día do Libro 2026, Clunyteka acolleu unha sesión moi especial do club de lectura Lendeiros, formado por pais e nais do alumnado do centro, nun encontro arredor dos libros, da conversa e do pracer de ler compartido.

A sesión comezou cunha nova edición do intercambio de libros mediante o amigo invisible lector, unha proposta sempre ilusionante na que cada participante agasallou outra persoa cun libro escollido con agarimo. Houbo sorpresas, recomendacións e a emoción de descubrir novas lecturas da man doutros membros do club.

O prato forte da xornada foi a visita da escritora María Solar, con quen tivemos a oportunidade de conversar sobre a súa obra A culpa, lectura proposta para este mes. Foi un encontro moi enriquecedor no que afondamos nos temas da novela, no proceso de creación e nas reflexións que a lectura suscitou entre as persoas participantes.

Ademais, María Solar presentounos a súa nova obra, Malas ideas, achegándonos as claves desta nova proposta literaria e espertando, unha vez máis, o interese e a curiosidade lectora do grupo que seguro desfrutará proximamente.

Foi unha fermosa maneira de celebrar o Día do Libro: compartindo lecturas, intercambiando impresións e gozando da literatura en comunidade.

        

Porque os libros unen, crean comunidade e abren sempre novas portas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario