EN MARZO .... LECTURA E CINE
Da man de María Solar coa súa obra "Os nenos da varíola" achegáronse á historia de 22 rapaces, que no ano 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola dende o vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.
A actividade da sesión de marzo consistiu no visionado da película "22 ángeles" centrada na viaxe da expedición que dirixiu o doutor Francisco Javier Balmis e que levou a vacina da varíola ás Americas nos corpos dos 22 pequenos heroes.
Tarde de emoción, lectura e cine.
No hay comentarios:
Publicar un comentario