PEQUENOS GRANDES POETAS
Os alumnos de 3º de
Educación Primaria levaron a cabo un proxecto sobre a poesía aproveitando dous
factores comúns: o día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) e a plataforma
Tatum coa lectura do poemario “Era unha vez na Quimbamba” de Alfonso Cortizas e
Manuel Ordóñez. A temporalización do proxecto foi de 7 días lectivos: do 23 de
febreiro ao 3 de marzo.
Nun primeiro
momento tiveron que investigar e descubrir que era a poesía e que eran os
poemas. Aprenderon conceptos como: rima, verso, estrofa, ritmo, entoación…
Pouco a pouco foron
madurando todas estas ideas. Comezaron a facer pequenos poemas de 4 estrofas
ate converterse en auténticos poetas. Foi de moita axuda a figura de Rosalía de
Castro. Aproveitando unha actividade de ciclo na que se coñecía a vida da gran
Rosalía, os alumnos coñeceron libros tan importantes como: Follas Novas,
Cantares Galegos, La Flor, En las orillas del Sar… entre outros moitos, así
como poemas tan destacados como “Adeus ríos, a deus fontes…” A súa vez, tamén
se decataron da temática tan marcada de Rosalía en canto a morriña que sentía
cara a súa terra galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario