SEMANA DE CONTACONTOS
Os máis pequenos recibiron uns contacontos moi especiais, algúns avós, avoas e familiares animáronse a contar contos e historias, sendo escoitados, moi atentos por todos os nenos e nenas, que gozaron moito de ter aos seus familiares como protagonistas da actividade.
Tamén o alumnado de todo o ciclo fixo un marcapáxinas, ben nas aulas ou ben no patio do colexio, aproveitando o bo tempo.
As clases de 4º de infantil recibiron a visita dos seus compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria, que foron lerlles contos, que ben o pasaron todos!!.
Non hai coma saírse do testo para esbozar un sorriso na faciana dun cativo. Claro que antes toca temperarse porque tampouco hai público máis crítico que unha horda de pequenos lectores que observan con ollos inquisidores a un adulto que treme coma un vimbio.
ResponderEliminarEse momento crucial, aterrador e desafiante, no que un non sabe moi ben se van a comezar a chover ovos podres ou imaxinarios confetis, paga a pena aínda que só sexa polo abraio e orgullo que amosan os raparigos ao ver a un dos seus metido no seu territorio.
Cos tempos que corren é de agradecer que, tendo como fío condutor a lectura e a tradición oral, o Colexio abra as portas da Clunyteka e das aulas para facilitar aos outros vértices do triángulo, colexio-familia-alumnado, a creación dun instante conxunto que nos faga inmortais nas lembranzas das mentes dos que amamos. Parabéns!