CLUNY celebra o día de ROSALIA
Tras o descubrimento o ano pasado de nova documentación que situaba o nacemento da poetisa o 23 de febreiro de 1837, e non no 24 de febreiro, o pasado venres conmemoramos o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e alá fomos as Escolas Católicas de Santiago (Cía. de María, La Salle, Casa do neno, San Jorge, Inmaculada, Juventud, Divino Maestro, Remedios e San José de Cluny) ao monumento adicado á santiaguesa universal sito na Alameda.
O alumnado de 4º EP realizou a súa homenaxe a Rosalía de Castro na praza de VIgo. Un ano máis a asociación de veciños do Ensanche invitou aos centros escolares da zona para conmemorar a data de nacemento da veciña máis ilustre no lugar do seu nacemento. Despois da intervención dos alumnos de 5ºEP do colexio Quiroga Palacios foi a quenda de Cluny que recitou varias estrofas do poema como chove miudiño e cantou o estribillo.
R-ebumbio de verbas,
ResponderEliminarO-rballo perenne,
S-orriso murcho de quen xa non padece...
A beira do Sar esfólasme o dengue
L-ouca,
I-nconsciente,
A-paixonadamente...