domingo, 26 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 HERDEIROS DAS NOSAS TRADICIÓNS 


 De entre todas as festas que gozamos ao longo do ano, o Entroido é sen dúbida unha das que máis ilusión espera entre os nenos e... os que xa non o somos tanto. 

Trátase dunha celebración cun arraigo moi importante na nosa Comunidade, que se vive dun xeito moi particular na contorna de Santiago de Compostela e da que forman parte activa algúns dos nosos alumnos. Estamos a falar, como non, dos Xenerais da Ulla, que están declarados como Festa de Interese Turístico de Galicia.



En Cluny, comezamos o luns levando anteollos ou algún tipo de anteface, continuando o martes con colar, o mércores foi o día dos chapeus, calcetíns desparellos o xoves... ata chegar a formar auténticos choqueiros para a festa organizada pola ANPA do colexio o venres pola tarde e nos que puidemos dar conta da merenda e na que non faltou a música.







E como non todo vai ser troula, paralelamente, non podemos esquecer o traballo de investigación que levaron a cabo no  2º ciclo de EP sobre a orixe do Entroido Galego e os seus persoaxes principais, no 3º ciclo de EP, sobre os Xenerais da Ulla,  o audiovisual sobre as receitas tradicionais, ou tamén o traballo sobre o Meco dos nenos de 1º e 2º de Primaria.














1 comentario:

  1. Que tolería marabillosa encher un colexio de vivas e atranques; de barullo de chocas e de recendo a filloas!
    Porque si, porque tiña que ser dunha vez, porque o Entroido forma parte do noso patrimonio; da tradición máis arraigada dos galegos; das máis belas lembranzas a carón da familia e os amigos!
    Porque si, porque un non pode permanecer alleo á realidade que o rodea, que viste as rúas de ledicia; enzoufa os beizos de azucre e ateiga o ar de fariña!
    Porque si, porque conforma unha oportunidade natural sen parangón para o desenvolvemento de todas as destrezas imaxinables!
    Porque si, porque este ano un pai ou una nai calquera non tivo que inventar unha resposta absurda para sufocar as xustas preguntas dun cativo...
    Por todo iso...“Atención, señores, digan todos unidos en una voz: ¡Viva!”
    ¡Vivaaaa!

    ResponderEliminar