OS CLUBS DE LECTURA MERENDAN CON ANDREA MACEIRAS
Os tres grupos de Club de Lectura
xuntámonos o pasado mércores 15 de febreiro nunha sesión extraordinaria para compartir a tarde
con Andrea Maceiras.
Os alumnos da ESO escoitaron unha preciosa historia da
ninfa NADA e mantiveron coa escritora unha interesante charla sobre o libro O que sei do silencio.
O club de lectura
de Educación Primaria realizou unha viaxe virtual a Amazonía e compartiu merenda
e coloquio sobre o libro A folla azul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario