domingo, 8 de enero de 2023

DÍGOCHO EU

 


“Potito” ou “potiño”? Ademáis ou ademais? papagaio? loro? pombiñas ou flocos de millo? Desde hai xa dous anos, a  xornalista Esther Estévez encárgase desde a TVG de poñernos ao día sobre o correcto emprego da nosa lingua, facendo moi popular o lema #DIGOCHOEU que dá nome ao seu programa que, en pequenas doses podemos seguir a través da canle autonómica.

Os nosos rapaces de 6ºde EP quixeron levar a cabo unha pequena homenaxe recreando algúns destes vídeos, e como podedes comprobar, fixérono estupendamente!

                                                                                                                         

VÍCTOR FORMOSO                              LAURA BALO                           ÁNGELA ROSADO


JI XIANG                    FABIÁN RÍOS
ADRIANA GONZÁLEZ

Preme no nome do alumno/a para poder velo.   

1 comentario:

  1. Cando un anda a afogar, ás veces non ve as táboas que flotan ao seu carón...e en lugar de xuntalas e facer unha balsa onde poder tomar un pouco de folgos e estomballarse ao sol, decide converterse nun tiburón que a dentadas desfai a única oportunidade que o entorno lle ofrece para sobrevivir ao afogo.
    Non hai nada que un cativo non poida facer con un pouco de empuxe, paciencia e evolución...aínda que non acade os estándares de perfección das adulteradas mentes adultas. Estamos tan acostumados ao reloxo e ás lindes, que pegar un chimpo fora da caixa resulta unha subida ao Himalaia. Os adultos somos así...os rapaces...non.
    Aproveitar as tarefas da aula para crear un momento en familia tamén se vale! Ás veces ese será o único momento que teñamos para compartir cos nosos. Se inda por riba os rapaces aprenden o idioma; o uso da tecnoloxía e das pescudas; da expresión corporal; das técnicas de voz; da escritura e análise de texto; da posta en escena; do desenvolvemento do imaxinario; da improvisación como recurso; do traballo de memoria; do sentido do ridículo...e da risa, xa non se pode pedir máis. Sorprenderiámonos cos artistas que xorden dos que parecen vexetar ao noso redor!
    Claro que... poden darse danos colaterais: por culpa do enxeño do Clunyprofe de Lingua Galega agora teño monstros na casa que non deixan de preguntar cando se fai o próximo!!!
    Coma con todo, para ver, hai que saber mirar... DÍGOCHO EU!!!

    ResponderEliminar