“O GRANDE BEETHOVEN”
Con dous anos de retraso por mor da COVID
19, celebramos o 250 aniversario do nacemento do xenial compositor alemán
Ludwig van Beethoven cos alumnos de 5º de EP.
Puidemos desfrutar no Auditorio de Galicia
dunha mañá moi musical, co espectáculo “O grande Beethoven”, a cargo dos
actores Sofía Nereida, António Miguel Teixeira e coa colaboración da nosa
orquestra a Real Filharmonía de Galicia.
Nesta obra cóntasenos a historia do músico de Bonn, un auténtico revolucionario do mundo da música, amosándonos algún segredo sobre a vida e o (mal?) xenio de Beethoven, e tamén a composición dos elementos e instrumentos da orquestra sinfónica.
Unha hora de teatro e obras moi coñecidas
polos nenos que tiveron a oportunidade de escoitar fragmentos de composicións
tan populares como as Sinfonías primeira e Sexta (coñecida como “Pastoral”) ou
a Abertura Coroliano, e remataron cantándolle entre todos o feliz aniversario a
ritmo da 9ª Sinfonía e a “Oda á alegría”.
Tratouse sen dúbida, dunha fermosa e
inmellorable volta ás actividades que confiemos poidamos continuar levando a
cabo de agora en diante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario