CONTO VIAXEIRO: O MISTERIO DE ORODIPEL
O alumnado de 5º de Educación Primaria participou a finais do curso
anterior nunha nova edición da actividade O
Conto Viaxeiro organizada polo Concello de Santiago na que xunto a alumnos
doutros oito centros escolares escribiron e n un conto. Nestes días chegaron aos colexios participantes os exemplares desta obra que leva por título O misterio de Orodipel. O xoves, 14 de novembro, estes novos artistas da palabra e a imaxe recibiron na biblioteca do centro cadanseu exemplar do conto.
Tras o asombro por teren nas súas mans o libro, realizaron a lectura do mesmo para descubrir como remata a historia da que eles foron autores dunha parte.
Na nosa biblioteca quedan á vosa disposición varios exemplares por se queredes descubrir o misterio de primeira man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario