Comeza un mes de apadriñamentos lectores
Tras unha estupenda acollida da actividade no curso pasado...este ano devecíamos porque chegara este mes de Novembro, no que tiñamos oensado como parte do Plan da Biblioteca, coezar cos apadriñamentos lectores. Nesta primeira sesión os padriños (alumnos maiores) coñecían ós seus apadriñados (alumnos menores), falaban dos seus gustos literarios e acordaban quedar noutra ocasión, xa que ficaba establecido o vínculo lector. Próximamente os padriños terán que escoller según eses gustos o libro perfecto para o seu apadriñado e, na terceira e derradeira sesión, lelo xuntos. Fántástica inicitiva que nos enriquece en tódolos sentidos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario