APADRIÑAMENTOS LECTORES
Comezamos coa actividade de Apadriñamentos Lectores organizada cos rapaces de primaria e infantil. Os maiores apadriñan nenos de menor idade co obxectivo de animalos a ler e descubrir o gusto pola lectura.
A actividade consta de 3 sesións, nas que primeiro os nenos se coñecen, os padriños descubren os gustos de cada un dos seus afillados e buscan os seus centros de interese; posteriormente van á Biblioteca do Centro e buscan o libro mais axeitado para el, e nunha terceira sesión reúnense de novo e os maiores cóntanlle o conto aos pequenos, acompañándoo de música, de títeres, ou do que o neno considere.
Da gusto ver o contentos que están tanto padriños coma afillados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario