miércoles, 24 de enero de 2018

INICIAMOS O RETO LECTOR! ATRÉVESTE?

Comezamos o ano cheos de ilusións e motivacións, e cargados de bos propósitos. No Colexio de Cluny invitamos a todos os alumnos de primaria a que se atrevan cun reto lector. A idea é que os rapaces lean un libro cada mes, seguindo as indicacións que lles damos na súa credencial:
- Xaneiro: Un libro do que che gusten as ilustracións.
- Febreiro: O libro favorito dun amigo/a ou familiar.
- Marzo: Un libro do que despois poidas ver a película. 
- Abril: Un clásico literario.
- Maio: Un libro escrito en galego.
- Xuño: Un cómic.

A medida que os nenos van superando os retos, os membros da comisión de Biblioteca póñenlle un selo da Biblio acreditando a súa lectura. Mirade que selo tan bonito fixemos!
Por último, a cada neno se lle entrega unha folla da árbore do Reto Lector, na que escribe o seu nome e apelidos e o título do libro que acaba de ler, enchendo de follas a nosa árbore da Biblioteca. Esperamos que a fin de curso a nosa árbore estea ben frondosa! Que vos parece? Os nenos están entusiasmados!



No hay comentarios:

Publicar un comentario