Os alumnos/as de 2º de EP recibiron un exemplar da súa creación literaria “Rosa. Un corazón de vento”.
O conto é o resultado da súa
participación durante o curso anterior
na actividade Conto Viaxeiro organizada polo Concello de Santiago. Xunto aos
compañeiros doutros colexios da cidade elaboraron un conto. Cada centro aportaba unha parte da
historia ou unha ilustración seguindo a
técnica do conto cooperativo.
A evolución da actividade pódese seguir
no seguinte enlace: http://contoviaxeiro.santiagodecompostela.org/blog/
Se che apetece coñecer a Rosa só tes que
buscala na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario