3º EP VISITA O TEATRO PRINCIPAL
O pasado lúns 26 de xaneiro os alumnos de terceiro de primaria asistimos a representación da obra titulada “ Pequena trapallada e algunha que outra batalla” no Teatro Principal de Santiago..
Na devandita función coñecimos a Rosiña, Laranxiño e Mariña unha tropa militar fora do común cuxas peripecias absurdas e cheas de humor fixéronnos reflexionar sobre o sinsentido das guerras e as súas consecuencias.
A obra é un canto a tolerancia e a resolución pacífica de conflictos xa que a guerra só alimenta os egos de xente sen escrúpulos.
Gustóunos especialmente a xestualidade tan esaxerada dos actores xa que xunto cun texto cheo de retranca galega e unha música moi rítmica levounos en moitas ocasións a rirnos de bó grado.
Nun obradoiro previo a función recibíramos no colexio a visita dunha componente da compañía de teatro Bocaberta quen nos anticipara a temática da obra e nos falara de certos recursos actorais que poderíamos observar na posta en escea dos personaxes .
Ademáis poidemos sentirnos actores por un día xa que a traverso de dinámicas variadas e divertidas practicamos a improvisación , a xestualización a representación e a comunicación de emocións básicas tendo como público aos nosos propios compañeiros de clase!
Encantounos a experiência: rímos moito , descubrimos vocacións actorais incipientes nalgún compañeiro! e axudounos a valorar moito máis o traballo dos actores!
Voltaremos ao teatro moi pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario