OS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO PARTICIPAN NO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA E
VISITAN AS INSTALACIÓNS DE LA VOZ DE
GALICIA
Os alumnos de 1º e 2º de ESO están participando
durante este curso 2015-2016 no Programa Prensa-Escuela que organiza La Voz de Galicia. Mediante a lectura e
a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos
os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·
Aprender a ler a prensa, a expresar
libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido
crítico.
·
Identificar os distintos tipos de artigos que aparecen
no xornal, diferenciando información de opinión.
·
Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o
desenvolvemento das súas actitudes e
destrezas persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do
medio.
·
Facilitar o acceso ao mundo dos medios de
comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento así como a súa
influenza na sociedade.
·
Tomar conciencia da importancia da información
para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática.
Dentro
das actividades que ofrece este programa, os alumnos visitaron as instalación de
La Voz de Galicia e o Museo Santiago
Rey Fernández-Latorre no Polígono de Sabón en Arteixo. Alí puideron coñecer de primeira man como se traballa nun
periódico ademais de botar unha ollada á
historia da prensa vendo maquinaria de artes gráficas de distintas
épocas e máis de cinco mil publicacións procedentes de todo o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario