OS
ALUMNOS DE 1º DE ESO PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE POESÍA
Os alumnos de 1º de ESO participaron a
finais do 1º trimestre nun obradoiro de creación literaria. Aprenderon a
expresar a través da poesía os seus sentimentos, estados de ánimo e o seu punto
de vista persoal sobre o que os rodea. Estimularon a súa sensibilidade poética
e fomentaron a creatividade literaria, o que lles permitiu coñecer a fondo a
linguaxe poética e as súas posibilidades expresivas.
Non só compuxeron os seus poemas senón que
tamén participaron nunha sesión de declamación dos mesmos que comezou e rematou
coa interpretación por parte de dous alumnos da clase de varias pezas de música
tradicional con gaita e pandeireta.
Resultou unha actividade enriquecedora, creativa
e moi motivadora para os alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario