sábado, 31 de enero de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA PARA O MES DE XANEIRO

Un ano máis o noso alumando de 3º a 6º de primaria exerceu de padriños/madriñas lectores cos seus compañeiros máis pequenos do colexio. Unha vez distribuídos os grupos de padriños/madriñas  cos seus afillados/as tiveron unah sesión de presentación e charla que lles permitiu coñecerse. Días despois os maiores acudiron a biblioteca para seleccionar o libro máis adecuado e poder preparar o seu relato mentres que os pequenos preparaban con moito cariño un agasallo con que obsequiar aos seus padriños. 

E por fin chegou a última semana de xaneiro moi esperada por todos porque volverían encontrarse para pasar uns momentos entrañables, escoitando as narracións que con tanto agarimo lles prepararon.

A continuación deixamos unha mostra dos encontros literarios dos diferentes grupos. 

                            

viernes, 16 de enero de 2026

CLUB LECTURA

 

CONVERSA CON ROSA ANEIROS 

O alumnado do club de lectura de primaria conversou con Rosa Aneiros sobre o libro "Catro plumas de dinosaurio" que foi a proposta de lectura neste Nadal. Descubriron moitas curiosidades sobre a elaboración deste libro e sobre a propia escritora.

Coma sempre, un placer, Rosa.

Grazas pola túa visita.






viernes, 9 de enero de 2026

jueves, 18 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓN LECTORA NADAL 2025

 Que a lectura ilumine este NADAL!!

Buscas un novo libro para este tempo de lecer? 

                          Necesitas un título para engadir na túa carta aos Reis Magos?

                                                              Descobre a recomendación para este Nadal.

Preme na seguinte ligazón: 



O equipo de Biblioteca deséxavos felices lecturas e BO NADAL!!

ACTIVIDAD NAVIDAD 2025

 PASATIEMPOS LECTORES

Si te aburres en Navidad...

                    ...descubre como pasar un rato divertido con los personajes literarios de SM...

                                                            Aquí te dejamos una propuesta:








En unos días publicamos las soluciones. 

martes, 2 de diciembre de 2025

RETO LECTOR

 Decembro, preparando o Nadal



Decembro comeza da man do advento que nos prepara para o Nadal, 

tempo de familia, celebración e alegría polo nacemento do Neno Xesús.




Elixe unha lectura que te achegue ao Nadal e 

deixa a túa recensión en comentarios para conseguir o reto.

domingo, 2 de noviembre de 2025

RETO LECTOR

 Novembro, mes da CIENCIA


Achégate ao mundo científico experimentando con novas propostas de lectura en calquera das súas áreas: animais, plantas, matemáticas, astronomía, persoeiros científicos.... Anímate!!






Esperamos a túa particpación nos comentarios. Aceptas o reto desde mes?