sábado, 31 de enero de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA PARA O MES DE XANEIRO

Un ano máis o noso alumando de 3º a 6º de primaria exerceu de padriños/madriñas lectores cos seus compañeiros máis pequenos do colexio. Unha vez distribuídos os grupos de padriños/madriñas  cos seus afillados/as tiveron unah sesión de presentación e charla que lles permitiu coñecerse. Días despois os maiores acudiron a biblioteca para seleccionar o libro máis adecuado e poder preparar o seu relato mentres que os pequenos preparaban con moito cariño un agasallo con que obsequiar aos seus padriños. 

E por fin chegou a última semana de xaneiro moi esperada por todos porque volverían encontrarse para pasar uns momentos entrañables, escoitando as narracións que con tanto agarimo lles prepararon.

A continuación deixamos unha mostra dos encontros literarios dos diferentes grupos. 

                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario