viernes, 20 de junio de 2025

Proxecto solidario 1º ESO: TELART 2025

                                

O proxecto traballa os contidos curriculares de matemáticas como xeometría, a arte e a tecnoloxía dentro do marco de desenvolvemento dun produto téxtil. Pon en valor o respecto e a importancia do noso patrimonio cultural vencellado á tradición do mundo da costura a través da lingua galega. Para finalizar o alumnado traballa a organización dun evento e a oratoria na subasta benéfica que ten como objectivo a axuda a unha escola de Paraguay.


                                               


Durante o proceso potenciouse a resolución de diferentes dificultades e o traballo en equipo. 
A actividade consiste na elaboración dunha bolsa por equipo cooperativo,coas dúas aulas de 1ºESO (27+27 alumnos/as), vencellando varias disciplinas:
  •  Arte: visita a museos virtuais,recoñecemento de diferentes autores e obras de arte ,coa finalidade  de seleccionar una obra e interpretala con figuras xeométricas.
  • Matemáticas :elaboración dos patróns de figuras xeométricas,traballando a proporcionalidade, cálculo de áreas e perímetros de tea utilizados de cada cor ,así coma os cambios de unidades.
  • Tecnoloxía: elaboración dun código QR coa información do proceso de deseño, cálculo, mostra de teas e desenvolvemento da elaboración da bolsa así coma o  deseño dun logo para a marca, con IA.
  • Lingua galega:Traballar as expresións vinculadas entre a literatura galega e o mundo da costura para incluír na introdución da gala-subasta benéfica.

É un proxecto sostible porque se reutilizan prendas de roupa usada e involucra á  familias, alumnado e profesorado xa que contamos coa colaboración de familiares con coñecementos de costura no proceso de ensamblaxe das pezas cortadas.

                    




No hay comentarios:

Publicar un comentario