Nunha intensa tarde de chuvia achegouse Ledicia Costas á nosa biblioteca para compartir un faladoiro cos participantes dos clubs de lectura de nais/pais e alumnos/as.
Foi recibida polos lectores de Golpes
de Luz que agardaban con entusiasmo e expectación a oportunidade de coñecer
máis detalles da historia que acubilla o libro e felicitar persoalmente á
escritora polo seu éxito e bo facer
literario.
Tras unha agarimosa sinatura de exemplares, chegou a quenda dos lectores
máis novos. Con eles departiu sobre a importancia da lectura e a escritura na
infancia e xuventude e desvelou moitos segredos sobre a súa vida e o oficio do
escritora. Moitos dos seus personaxes desfilaron pola biblioteca da man da súa
creadora para quedar no corazón da rapazada.
"_Pero que pasa con ese martelo para terlle tanto apego, seica é de ouro?
ResponderEliminarA iso si que non podo contestar, porque se lle digo que a avoa é Thor non me vai crer."
E alá vai!...a ghabear pola Árbore da vida para ver correr a Ratatösk; coñecer a Nidhöggr, Vedrfolnir e Heimdall e facer unha tesis en mitoloxía nórdica partindo dun bote de pedras de riñón, sansón e "cadapés": os Iron Man sonche así! Non si, Ledicia?
A un libro que desde a proximidade do noso nos abre tantos mundos e que, aínda por riba, se deixa ler nunha tarde, só se lle pode chamar ARTE.
Grazas, eu tamén "Quero quedar aquí para sempre."