A nosa biblioteca vai tecendo, cal arañeira, as súas actividades
implicando a toda a comunidade educativa. Os equipos de voluntarios están
preparando a ludoteca, os máis pequenos van descubrindo as mochilas viaxeiras e
unha morea de contos para o seu proxecto, as bibliotecas de aula xa están operativas
para todo o alumnado de primaria e inauguramos os clubs de lectura coa visita
da escritora Ledicia Costas.
Clunyteka celebra o día das bibliotecas escoitando co corazón para poder
ofrecer o mellor servizo a toda nosa comunidade educativa.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
Unha estrea ao grande! Isto é realmente un Clunytekeo de luxo! Inmensa expectación ante a xornada de mañá e as propostas de lectura futuras. Desexando arrancar! Clunytekeádevos: paga a pena!
ResponderEliminar