A nosa biblioteca organizou o apadriñamento lector encadrado nas actividades do proxecto lector do 2º trimestre deste curso. A actividade desenvolveuse en tres semanas onde o alumnado de 3º a 6º de primaria apadriñou aos alumnos e alumnas de 4º E. I. a 2º E.P.
Unha vez emparellados os grupos e seleccionadas as datas de realización comezou a actividade. Na primeira sesión coñecéronse os padriños/madriñas e os seus afillados/as e intercambiaron a información necesaria para poder elixir lecturas adecuadas aos gustos dos pequenos.
A segunda sesión precisou da visita á biblioteca escolar para atopar ese libro especial co que sorprender a cada afillado/a. Princesas, animais, cabaleiros e castelos, superheroes ... todos os padriños encontraron o seu libro.
Tras unha semana de preparación chegou o gran día. A biblioteca acolleu durante toda a semana aos diferentes grupos para ser testemuña de grandes e emotivos momentos. En cada recuncho podíanse presenciar caras de admiración, emoción, ledicia, tenrura dos pequenos que moi atentamente seguían os relatos dos seus padriños.
E como unha imaxe vale máis que 1.000 palabras......
No hay comentarios:
Publicar un comentario