domingo, 24 de febrero de 2019

SEMANA DE ROSALÍA EN CLUNY SANTIAGO


Semana de Rosalía.

O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura fundacional na nosa literatura e unha das voces literarias máis relevante nas letras europeas do século XIX.
Durante toda a semana os nosos alumnos e alumnas traballaron sobre a figura de Rosalía de Castro quen dun xeito simbólico achegouse á nosa biblioteca para recrearse cunha mostra do traballo realizado.
 1º e 2º de primaria descubriu  a Rosalía e o seu poema Adiós ríos, adiós fontes, 3º e 4º de primaria realizou unha inmersión na súa vida que plasmou nunha liña do tempo e 5º e 6º traballou a métrica e rima dalgúns dos seus máis coñecidos poemas.
A mañá do venres 22 de febreiro  unha representación do noso centro xunto a outros alumnos e alumnas do Colexio Quiroga Palacios e usuarios do Servizo Terapéutico Agadea  homenaxearon a autora cunha lectura aberta de poemas na praza de Vigo,  xusto no  lugar onde se ubicaba a súa casa natal. A asociación veciñal Raigame organiza deste xeito a celebración polo 182 aniversario do nacemento da nosa máis ilustre veciña.






No hay comentarios:

Publicar un comentario