sábado, 24 de marzo de 2018

TOPÓNIMOS EN CLUNY

TOPONOMÍZATE!

O filólogo e coordinador do seminario de Toponimia e Onomástica da Real Academia Galega, Vicente Feijoo, estivo no colexio impartindo unha charla para os alumnos de 1º e 3º de ESO sobre a importancia da toponimia. Os alumnos ademais de coñecer de onde procedían moitos dos nomes dos lugares de Galicia tamén descubriron que a toponimia galega proporciona non só datos xeográficos senón tamén históricos e culturais. 
Rematou a sesión cunha emocionante partida ao xogo “Compostelaneando” co que aprenderon a orixe, a historia e o significado dos nomes de moitas rúas e prazas de Santiago


No hay comentarios:

Publicar un comentario