Decembro: mes dos clásicos literarios.
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Buscar este blog
jueves, 5 de diciembre de 2024
RETO LECTOR
CLUB LECTURA "LENDEIROS"
RECIBE A VISITA DE
BEATRIZ GARCÍA TURNES
lunes, 4 de noviembre de 2024
RETO LECTOR
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
martes, 8 de octubre de 2024
RETO LECTOR
A nosa árbore da lectura foi testemuña da entrega de premios aos alumnos/as que superaron o reto lector do curso pasado. Este acto marca o punto de partida do curso 2024-25.
O alumnado de 5º e 6º enfróntase ao reto de ler, como mínimo, un libro cada mes durante este curso. A árbore da lectura que preside o seu corredor actuará de medidor das lecturas e de indicador da temática de lectura seleccionada para cada mes. Despois de ler, os lectores/as realizarán a recomendación do seu libro no blog, sellarán o seu carné lector e decorarán unha flor que medirá o seu ritmo de lectura.
Esperamos que na primavera do 2025 a nosa árbore estea ben florida.
Moito ánimo a todos!!
viernes, 4 de octubre de 2024
PRESENTACIÓN DO CURSO 2024-25
Comeza un novo curso e volvemos con moita ilusión.
Durante o mes de setembro o equipo de biblioteca traballou arreo para deixala ben bonita e deseñar unha morea de actividades. Esperamos que sexan do voso agrado.
Preme no enlace e descobre toda a programación da biblioteca.
jueves, 4 de julio de 2024
RECOMENDACIÓN LECTURA VERÁN 2024
Un ano máis o equipo de biblioteca pecha un curso escolar coa recomendación de lecturas para este verán.
No balance final hai satisfacción polas actividades realizadas, pena polas que quedaron inacabadas por diferentes circunstancias e necesidade de descanso para volver en setembro con novas enerxías, grandes ideas e toda a ilusión dun novo comezo.
Non queremos marchar sen agradecer aos participantes do club de lectura das familias a súa axuda no expurgo e organización do rastrillo solidario e a algúns alumnos/as de 4º ESO que nas derradeiras xornadas no colexio colaboraron na devolución das bibliotecas de aula e o acomodo de fondos dixitais.
Feliz verán a todos/as.
Vémonos de novo en setembro!.

















