jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

11 DE FEBREIRO Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
 

O 11 de febreiro de cada ano, celébrase o Día Internacional da  e a Nena na Ciencia proclamado pola ONU no ano 2015. O principal obxectivo deste día tan especial é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xéneros.

En 2021 o lema para o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é: "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID". Está previsto un evento virtual na sede da UNESCO que reunirá a mulleres científicas que están traballando desde o inicio da pandemia en cuestións relacionadas co COVID.


O papel da muller na ciencia, a través da historia, foi fundamental no descubrimento de  grandes achados nos distintos campos como a medicina, a física, a tecnoloxía e dos que hoxe a humanidade  continúa a se beneficiar. Estas mulleres dedicaron toda a súa vida  á investigación científica. Non obstante, en moitos casos, os seus traballos foron acreditados a homes, nunha época onde a muller non era valorada nin considerada importante dentro da sociedade. Porén, o esforzo e traballo de todas estas mulleres deixaron unha importante  pegada para as futuras xeracións e marcaron un antes e un despois na historia da ciencia e a tecnoloxía. Entre as figuras máis importantes deste xénero destacan:

Marie Curie

  • ·         Marie Curie: foi a primeira muller á que se lle recoñeceu o seu traballo no campo da ciencia e por iso lle outorgaron o Premio Nobel en Física e Química.
  • ·         Ada Lovelace: foi pioneira en sistemas informáticos e programación de ordenadores.
  • ·         Margarita de Salas: científica española, que descubriu a través do seu traballo, importantes avances no ADN humano.
  • ·         Flora de Pablo: é unha doutora en bioloxía molecular, que segue loitando pola reivindicación da muller no  mundo da ciencia a través da fundación Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.
  • ·         Vera Rubin: astrónoma estadounidense descubridora da materia escura grazas ás súas observacións na rotación de estrelas ao redor de galaxias.

  •   Unha das grandes aportacións da muller actual, foi darlle voz ás grandes mulleres científicas tanto do pasado coma do presente, que deixaron e continúan deixando unha pegada significativa, nun mundo tan competitivo como é o da ciencia e a tecnoloxía. Isto podémolo descubrir a través de importantes libros de escritoras contemporáneas. Neles, faise unha descrición minuciosa do difícil traballo que estas mulleres realizaron durante anos de investigación científica, pero que, non tiveron a transcendencia histórica polo simple feito de seren mulleres. Poderás atopalos na nosa biblioteca. 

  • Enlace para primaria.

Enlace para secundaria



sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN


30 de xaneiro, día da ilustración

 Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. 

Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."

viernes, 29 de enero de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 


30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
 

Esta xornada dá peche, no noso centro, a un mes dedicado a reflexionar e traballar  sobre a convivencia, o diálogo e o noso papel coma bos cidadáns na nosa casa común que comeza na  contorna máis próxima.

Debido ás circunstancias que estamos a vivir vémonos na obriga de adaptar as actividades e propostas. Clunyteka  súmase á celebración do Día da Paz presentando unha selección de libros para todas as idades que tratan sobre a paz. Na biblioteca podes atopar dende cancións ou contiños para os máis cativos ata lecturas que invitan á reflexión para os maiores.

Nunha das Clunytekas móbiles encontraredes os exemplares. Se tedes interese en lelos, non dubidedes en solicitalos a través do correo clunyteka@gmail.com ou do formulario de préstamo.

sábado, 16 de enero de 2021

SERVIZO DE PRÉSTAMO EN TEMPOS DO COVID

 

Clunyteka en tempos do COVID-19

Xa podes desfrutar da lectura dos libros da nosa biblioteca. O equipo da Clunyteka ten todo listo para poder ofrecer o servizo de préstamo a pesar do Covid-19.

Creamos as Clunytekas móbiles repartidas por diferentes puntos do centro. Estas sucursais da biblioteca estarán indicadas cun cartel explicando o sistema de préstamo  e contarán con unha caixa grande para as devolucións dos libros e dúas caixiñas pequenas para as fichas de préstamo (en branco e as que cubran coas solicitudes).

Podes elixir un libro dende a túa casa a través da biblioteca virtual http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH040 e solicitalo polo correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com) ou cumprimentando o formulario nas Clunytekas móbiles. 

O equipo de biblioteca atenderá a solicitude coa maior brevidade e fará chegar os libros á túa clase.

As devolucións realizaranse nas caixas das Clunyetkas móbiles. O equipo de biblioteca fará a recollida periódica e corentena dos fondos.


No blog compartiremos recomendacións de lectura, comunicacións das novidades, presentación de actividades e terás a  posibilidade de comentar os teus libros favoritos.

 Non nos perdas de vista!

RETO LECTOR 2021

 

RETO LECTOR 2021

Presentamos o RETO LECTOR deste curso. O protocolo Covid obliga a adaptar a actividade. Ao inicio de cada mes atoparedes propostas de lectura de cada tema. Despois de ler un libro poderedes valoralo no blog. Agardamos os vosos comentarios.

Aceptas o reto?