30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Esta
xornada dá peche, no noso centro, a un mes dedicado a reflexionar e traballar
sobre a convivencia, o diálogo e o noso papel coma bos cidadáns na nosa
casa común que comeza na contorna máis próxima.
Debido
ás circunstancias que estamos a vivir vémonos na obriga de adaptar as
actividades e propostas. Clunyteka súmase á celebración do Día da Paz
presentando unha selección de libros para todas as idades que tratan sobre a
paz. Na biblioteca podes atopar dende cancións ou contiños para os máis cativos
ata lecturas que invitan á reflexión para os maiores.
Nunha
das Clunytekas móbiles encontraredes os exemplares. Se tedes interese en lelos,
non dubidedes en solicitalos a través do correo clunyteka@gmail.com ou do formulario de préstamo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario