ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES
O asasinato na casa rosa foi a proposta de lectura para
o mes de marzo. Con esta novela, que engancha dende a primeira
páxina, inicia unha nova serie, Os crimes
de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. Os particpantes do club e un grupo de profesores que tamén leron a última obra da autora, descubriron que é unha novela
negra moi divertida e cunha trama chea de xiros inesperados.
Na súa visita, a escritora
compartiu divertidas anécdotas, fallou de todas as súas creacións literarias e asinou o noso libro de visitas e os exemplares das súas obras que solicitaron os participantes.
Moitas grazas Arantza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario