jueves, 19 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓN LECTURA NADAL 2024

 Chega o Nadal, 

                  chega o tempo de descansar, 

                                            pasar o tempo en familia, 

                                                                            ler e conversar. 

Nas datas máis entrañables do ano para compartir e pedir os mellores desexos para todos, o equipo de biblioteca escribe a súa carta aos Reis Magos, esperamos que vos axude a redactar a vosa.


RECOMENDACIÓN NADAL 2024



O equipo de biblioteca deséxavos BO NADAL 
Vémonos no 2025.

martes, 10 de diciembre de 2024

CLUB LECTURA LENDEIROS



MARATÓN DE LECTURA 

                                         


    O pasado 27 de novembro, coincidindo coa semana do aniversario de Eugenio Granell (28 novembro) e Amparo Segarra (9 decembro), tivo lugar no Pazo de Bendaña, o tradicional Maratón de Lectura, que forma parte das actividades de promoción e apoio á literatura da Fundación.


    Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura ao libro de contos de Eugenio Granell “Federica no era tonta y otros cuentos”. Publicado en México, 1970 e reeditado en Madrid, 1993, tralo retorno de Granell a España. O libro contén dez pezas narrativas que Eugenio Granell creou ao longo dos seus anos de exilio en América.

 

     Este ano o noso centro estivo representado por algúns participantes do Club de Lectura LENDEIROS, composto por nais e pais do alumnado do centro. 





Todas as participantes no evento valoran a experiencia como moi interesante tanto pola propia vivencia ao ter que ler para un público como a experiencia de lectura compartida con persoas de grupos moi heteroxéneos como os mozos e mozas dun centro escolar, un grupo de xubilados, membros da Fundación Down Compostela e elas como nais. Chamoulles a atención como resulta moi emocionante escoitar as diferentes formas de interpretación dun mesmo texto.

jueves, 5 de diciembre de 2024

RETO LECTOR

 Decembro: mes dos clásicos literarios.



Descubre os clásicos literarios xuvenís, autores, siluetas, logos....
Investiga e elixe o que máis se adapte ao teu gusto lector. 






Cantos coñeces? Poderías ampliar a lista?
Comparte o teu clásico favorito nos comentarios...


lunes, 4 de noviembre de 2024

RETO LECTOR

 NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



Os nenos sodes curiosos por natureza e a ciencia alimenta esa curiosidade.  Seguro que na biblioteca atopas algún libro que sexa interesante.
 Ciencia e tecnoloxía, o sistema solar, iniciación á física,  o corpo humano, as matemáticas...
 
¿Gústache experimentar? Tamén atoparás  libros con actividades sinxelas  pero fascinantes.
Acepta o reto deste mes e deixa nos comentarios a túa recomendación.

martes, 8 de octubre de 2024

RETO LECTOR

A nosa árbore da lectura foi testemuña da entrega de premios aos alumnos/as que superaron o reto lector do curso pasado. Este acto marca o punto de partida do curso 2024-25.

                                                       

O alumnado de 5º e 6º enfróntase ao reto de ler, como mínimo, un libro cada mes durante este curso. A árbore da lectura que preside o seu corredor actuará de medidor das lecturas e de indicador da temática de lectura seleccionada para cada mes. Despois de ler, os lectores/as realizarán a recomendación do seu libro no blog, sellarán o seu carné lector e decorarán unha flor que medirá o seu ritmo de lectura. 

                                                       

Esperamos que na primavera do 2025 a nosa árbore estea ben florida. 

Moito ánimo a todos!!

viernes, 4 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN DO CURSO 2024-25

 Comeza un novo curso e volvemos con moita ilusión.

Durante o mes de setembro o equipo de biblioteca traballou arreo para deixala ben bonita e deseñar unha morea de actividades. Esperamos que sexan do voso agrado. 

Preme no enlace e descobre toda a programación da biblioteca. 

                                            PROGRAMACIÓN DO CURSO 2024-25

jueves, 4 de julio de 2024

RECOMENDACIÓN LECTURA VERÁN 2024

 

Un  ano máis o equipo de  biblioteca pecha un curso escolar coa recomendación de lecturas para este verán.

RECOMENDACIÓN VERÁN 2024


No balance final hai satisfacción polas actividades realizadas, pena polas que quedaron inacabadas por diferentes circunstancias e necesidade de descanso para volver en setembro con novas enerxías, grandes ideas e toda a ilusión dun novo comezo.

Non queremos marchar sen agradecer aos participantes do club de lectura  das familias a súa axuda no expurgo e organización do rastrillo solidario e a algúns alumnos/as de 4º ESO que nas derradeiras  xornadas no colexio colaboraron na  devolución das bibliotecas de aula e o acomodo de fondos dixitais.




Feliz verán a todos/as. 

Vémonos de novo en setembro!.

miércoles, 3 de julio de 2024

Lengua de signos en Cluny


 Buenos días !!! Disfruta del verano...aunque cuando vuelvas al cole...seguiremos viviendo aventuras!!! Quieres aprender LSE? Quieres contarnos un cuento en lengua de signos ? Puedes enviarnos un correo a lengua.cluny@gmail.com o contactar mediante el blog Clunyteka!!! 

Curiosidades:

miércoles, 26 de junio de 2024

CLUB DE LECTURA PRIMARIA

 Algúns membros do club de lectura animáronse a realizar a súa recomendación para este verán. 

LECTORES S.A. presenta aos seus booktubers:

 SAMUEL e XOEL


                           NOA e RAQUEL                                                                       EMMA

martes, 25 de junio de 2024

Proxecto solidario

TelArt: Arte sostible en tea


 A II subasta solidaria TelArt  realizouse o día 21 de xuño ás 19:00 no salón de actos e foi o colofón ao proxecto que fusionou matemáticas, tecnoloxía, arte e deseño combinadas coas técnicas de desenvolvemento do produto por una causa solidaria: as misións que Cluny tén en Paraguay.





O noso agradecemento aos familiares que  compartiron con nós o seu tempo e coñecemento.  Grazas Rosa, Alcira, Alberto, Mariam, Natalia  pola vosa e colaboración. 




Estas son unha mostra das 12 pezas realizadas: obras de arte únicas e exclusivas.

                                    

E chegou o momento da subasta, moitas grazas a todos pola vosa participación e solidariedade.


miércoles, 19 de junio de 2024

DELETREO CLUNY 23.24

 

CONCURSO DE DELETREO 2023.24

Organizadores: 1° y 2° ESO (Seminario Lengua)

Jugadores : 3°/4° y 5°/6° EP

FINAL 3°4° EP

Final de Deletreo de 3° y 4° EP 2024 con usuarios de Agadea Alzheimer entre el público y personajes de El mago de Oz sobre las tablas !!!
A pesar de los nervios de los participantes y organizadores (1 y 2 eso), siempre lo pasamos genial ! Ni actores enfermos, ni fallitos de última hora pudieron con ellos !! Enhorabuena a Diego Pérez Pereiro 4°A y Hugo Salgado Carreira 4°B, así como a todos los finalistas! De 100 alumnos, sólo 8 llegaron a la final!! Juegos, diplomas, golosinas y un descuento en la Óptica Santiago para poder seguir viendo las letras desde lejos, completaron la fiesta !! 







Al día siguiente, ya sin tantos nervios, les tocó a los de 5° y 6...y el hombre de hojalata, el espantapájaros, León cobarde o Dorothy nos recordaron de nuevo lo importante que es tener tanto corazón como cerebro,  valor para buscar tus sueños o un hogar al que volver seamos como seamos.

FINAL 5° y 6°

Martín Mato se proclama vencedor del Deletreo (5°~6°EP) por tercer año consecutivo!!  Aunque la final fue muy reñida, se alzó de nuevo con el premio ante un público con muchas ganas de fiesta. Los mayores (1°~2° ESO) realizaron una actuación espectacular : actores,pronunciador, jurado, encargados de decorado...Enhorabuena a todos !!!  Premios como juegos educativos, golosinas o descuentos en Óptica Santiago endulzaron la mañana y, aunque los chistes de uno de los juegos no eran demasiado buenos...se compensó con la música, el nivel de todos los participantes y la calidad de los organizadores!! Nos vemos el curso que viene !!
#FamiliaCluny