Os "Carapuchos abelleiros" premiados visitan ás súas afilladas.
O pasado mércores 15 de xuño, os alumnos gañadores da última edición do concurso "carapuchos abelleiros" achegáronse ás colmeas para coñecer perosalmente ás súas afilladas. O premio por gañaren o concurso consitía en recibir un Kg de mel e visitar unha colmea da que foron nomeados padriños.
Convidados por Xosé Manuel, enfundáronse os traxes de apicultor e coñeceron moitas curiosidades sobre as abellas e o funcionamento dunha colmea.
Por mor da inminente chegada das Belutinas, as abellas foron levadas a un lugar seguro. A colmea que visitamos será a última en ser trasladada.
Toda unha sesión de ciencias en plena natureza que compartimos no seguinte enlace. visita á colmea