DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24 de febreiro
Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para este ano 2021, realizamos unha selección de poemas de Rosalía de Castro que foron inspiración para músicos de moi diferentes estilos.
Baixo o lema "teus doces cantares" mostramos unha Rosalía letrista de cancións de temáticas variadas que non deixan indiferente a ninguén e que se poden adaptar a todos os tempos.
Os poemas desta escolma serán recitados por varios alumnos de Educación Primaria do colexio na homenaxe, organizada pola Asocioación de Veciños do Ensanche, á santiaguesa máis ilustre polo aniversario do seu nacemento, na que fora a súa casa natal.
Compartimos os poemas elixidos acompañados dun enlace que mostra as verbas de Rosalía feitas canción.
NEGRA SOMBRA.
Letra: Rosalía de Castro (Follas Novas)
Interpretan: Luz Casal y Carlos Núñez
NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN.
Interpretan: Roi Casal
No hay comentarios:
Publicar un comentario