LECTURAS PARA ESTE NADAL
Non sabes que aventura ler ou con que poema deixarte levar nestas vacacións? Preme neste vínculo e descubrirás sorpresas maravillosas!!
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
LECTURAS PARA ESTE NADAL
Non sabes que aventura ler ou con que poema deixarte levar nestas vacacións? Preme neste vínculo e descubrirás sorpresas maravillosas!!
Angélica Dass: ¿De qué color es el color carne?
O CLUB DE LECTURA “FRAPS” RECOMENDA …
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?
Atrévete a descubrilo!
Solicita o libro na biblioteca e acompaña a Jules Verne na súa aventura. Esperamos o teu comentario....
Carapuchos abelleiros 2020
Un ano máis a nosa Biblioteca presenta o concurso “CARAPUCHOS ABELLEIROS”. Destinado aos alumnos de primaria, o concurso fomenta a creatividade e o coidado da casa común. Os participantes presentarán un debuxo relacionado coas abellas, as flores, a polinización ou o medio ambiente xunto a unha frase, en lingua galega, que recolla a idea traballada. O xurado elixirá un gañador por curso que recibirá una tarro de mel, ser nomeado padriño ou madriña dunha colmea e a posibilidade de visitala en primavera ou cando a situación que estamos a vivir o permita.
Presentamos o cartel desta edición e recordamos que poderedes consultar todas as novidades sobre o concurso no blog CLUNYTEKA.
O Día das Escritoras é unha
iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa
Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y
Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar
o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores,
a data elixida é o luns máis próxima á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de
outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema
"O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a
literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia
esencial do esforzo.", explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do
Día das Escritoras 2020.
A nosa Biblioteca acepta a
invitación de Bibliotecas Escolares para celebrar esta xornada e anímate a que
participes na difusión da obra das mulleres escritoras.
Só tes que elixir un
parágrafo ou poema dunha escritora e envialo a clunyteka@gmail.com para encher o noso blog coas súas
verbas.
Mentres recibimos a túa selección podes ler a recompilación de
escritoras galegas que fixeron dende Bibliotecas Escolares.
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/D%C3%AD_das_Escritoras_20.v1.pdf
![]() |
CAT-A-1ºPREMIO-NARRATIVA:MARTA RICO |
![]() |
CAT-B-1ºPREMIO-NARRATIVA-KATIUSKA PEROZO |
![]() |
CAT-C-1º.PREMIO-NARRATIVA-XIANA AMOSA |
![]() |
CAT-C-1º.PREMIO-NARRATIVA:ALBA RICO |
![]() |
CAT-C-2º.PREMIO.POESÍA:MATEO SÁNCHEZ |
![]() |
CAT-C-PREMIO CATEGORÍA ESPECIAL-CARLA FERNÁNDEZ |
![]() |
CAT-D:1º PREMIO POESÍA: MIRIAM TOANDE |
![]() |
CAT D 2º PREMIO NARRATIVA. BRIGITTE GONZÁLEZ |
![]() |
CAT D 2º PREMIO POESÍA. FRANCESCA BERNARDI |
![]() |
CAT D 2º PREMIO POESÍA. JUAN MANUEL KURTUKIAN |
![]() |
CAT E 1º PREMIO POESÍA. JOSÉ GONZÁLEZ DE LA BALLINA |
![]() |
CAT E 1º PREMIO POESÍA. MARCOS SÁNCHEZ |
![]() |
CAT E 2º PREMIO POESÍA- ANÓNIMO |
![]() |
CAT E 2º PREMIO POESÍA. MARINA MOSQUERA |
![]() |
CAT E PREMIO CATEGORÍA ESPECIAL. DANIEL FERNÁNDEZ |
![]() |
CAT F 1º PREMIO NARRATIVA. ALBA LAGE |
![]() |
CAT F 2º PREMIO NARRATIVA. ADRIANA GONZÁLEZ |