lunes, 14 de enero de 2019

Reto lector 2019, atréveste?


Reto lector 2019, atréveste?
Comeza o 2019 e a nosa biblioteca lanza a actividade Reto lector. Este ano temos novos desafíos: novas propostas de lectura, reto para o alumnado da ESO e os profesores, moitos libros interesantes, horario de biblioteca ampliado...
Para abrir boca busca un  libro de aventuras ou misterio. Se non coñeces ningún, os bibliotecarios poden aconsellarte. Cando teñas rematado o teu libro non esquezas pasar pola biblioteca para estampar o selo da nosa mascota no teu carné e completar a folla verde da nosa árbore. Queremos conseguir que floreza tanto coma o ano pasado e a túa participación é imprescindible. Anímate!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario