martes, 15 de mayo de 2018

GUÍAS POR UN DÍA. MUSEO DO POBO GALEGO.


Na visita que os alumnos de 2º de EP fixeron ao Museo do Pobo Galego atopáronse cunha grata sorpresa: os guías eran os seus compañeiros de 5º e 6º. Dun xeito ameno e didácticao explicáronlles as salas do mar, a agricultura, os oficios tradicionais e o traxe. Ademais tamén visitaron o Panteón de Galegos Ilustres cun recitado de poemas e una ofrenda floral á poetisa Rosalía de Castro.
Anteriormente, estes rapaces de 5º e 6º fixeron un traballo de investigación na nova biblioteca do cole onde descubriron moitas cousas dunha Galicia para eles descoñecida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario