Coa maleta viaxeira de matemáticas emprestada durante uns días pola
Asesoría de Bibliotecas Escolares podedes
achegarvos ao “O planeta dos números”.
Para quen é seguidor da boa lectura atopará unha maneira moi divertida de achegarse
ás matemáticas dende as historias máis sorprendentes: El
asesinato del profesor de matemáticas, El
laberinto de los números romanos, Los trucos de las fracciones ...
Pero quen xa tolee cos números pode atreverse a resolver enigmas, sen botar
fume polos miolos, con 99 preguntas para
ingeniosos, Cerebro en marcha, Matecuentos ou Pentominós, entre outros títulos.
Para os compañeiros máis pequenos, a oferta non é menos atractiva: ¡Mira otra vez: utiliza el espejo para
encontrar pares de opuestos!, “E” de
espejo, Encuentra las figuras
escondidas ou Historia del uno.
Animádesvos a pasar pola nosa biblioteca e a descubrilos todos? Estanvos
agardando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario