martes, 12 de diciembre de 2017

3º e 4º de Educación Primaria descubre a RUBICUNDO

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria achegáronse o martes, 28 de novembro, ao Auditorio da Fundación Abanca para descubrir a Rubicundo, protagonista da adaptación teatral que a compañía dos Ghazafelhos realizou do libro de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.


Esta obra, que traballaron os alumnos como lectura finalista do premio Frei Martín Sarmiento, está interpretada por tres personaxes, Erea, Darío e o propio Rubicundo e cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasou pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outras.

Para quen queira descubrir a Rubicundo ou gozar da lectura desta historia, só ten que solicitar o libro na nosa biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario