OS ALUMNOS DE 1º DE ESO
PARTICIPARON NO MARATÓN DE LECTURA
Os alumnos de 1º de ESO participaron
unha vez máis no Maratón de lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell
que este ano dedicou á poetisa galega Rosalía de Castro.
A apertura do acto foi realizada polo
Presidente da Fundación Rosalía de Castro, D. Anxo Angueira, e polo Alcalde de Santiago, e de seguido, os
alumnos de 1º de ESO declamaron varios poemas dos libros Cantares Gallegos e Follas
Novas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario