martes, 1 de abril de 2025

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

 Clase de nutrición con Rosaura Leis


                                                

A sesión de Hábitos de Vida Saudable do pasado xoves 27 de marzo tratou o tema da nutrición. Da man de Rosaura Leis, catedrática e profesora titular de pediatría da USC que preside a Fundación Española de Nutrición, descubriron cal é o mellor camiño cara a saúde. Aprenderon que o primeiro paso no camiño da saúde é tomar un bo almorzo. Tamén cales son os alimentos máis recomendables e en que cantidade. 
Moitas grazas, Rosaura!


RETO LECTOR

 ABRIL, O MES MÁIS MISTERIOSO


No mes de abril celebramos O Día do Libro e neste curso propoñemos que descubras as lecturas máis misteriosas. Na nosa biblioteca agóchanse os mellores investigadores. 

Atrévete a coñecelos.







Esperamos as túas recensións nos comentarios. 

lunes, 17 de marzo de 2025

CLUB LECTURA "LECTORES S.A."

 

DÍA DO CÓMIC E O TEBEO 2025


O club de lectura Lectores S.A. composto por alumnado de 5º e 6º de primaria elaborou o cartel do día do cómic e do tebeo para a biblioteca. Axudados de moitos protagonistas do cómic ao longo da historia convidan a todos a celebrar esta festa do cómic.

                                      

E como non podía ser doutra maneira, o club propuxo como lectura dous cómics que tiveron moi boa acollida e gustaron moito aos participantes.

Hoxe, 17 de marzo celebramos a III edición do día do Cómic e do Tebeo en España. Data  elixida polo Goberno de España recordando a primeira publicación da mítica revista de historietas TBO pioneira do xénero no noso país.
Animádevos a celebrar esta xornada. Visitade a sección Cómic da nosa biblioteca de descubride as novidades que acubilla e lede cómic!!

jueves, 6 de marzo de 2025

RETO LECTOR

 Marzo, mes do teatro.







Atrévete e descobre que divertido é ler teatro. 

Conta qué libro elixiches e comparte a túa opinión nos comentarios.

martes, 25 de febrero de 2025

Club Lectura LENDEIROS

 Sesión CINE : La ladrona de libros.


Os participantes do club de lectura LENDEIROS leron La ladrona de libros durante este mes de febreiro e hoxe pasaron dúas horas de emoción coa versión cinematográfica do libro.



Ao remataren levaron unha nova proposta de lectura. 

lunes, 3 de febrero de 2025

RETO LECTOR

 FEBREIRO, MES DA LINGUA GALEGA


A pioneira literaria da nosa lingua, Rosalía de Castro, naceu no mes de febreiro. 
Este ano dedicamos o noso reto deste mes á lectura en lingua galega. 

                                                

Seguindo a estela de Rosalía, moitas mulleres hoxe,  nos ofrecen interesantes lecturas. 






Descubre as súas obras e comparte a túa opinión nos comentarios.

jueves, 23 de enero de 2025

Club Lectura LENDEIROS

 ENCONTRO CON ROSA ANEIROS

                                                 

A sesión deste mes converteuse nunha entrañable conversa en torno a "A noite das cebolas", última obra publicada de Rosa Aneiros para adultos e proposta de lectura do club para este Nadal.

Unha vez máis Rosa conseguiu que o tempo voase e capa a capa foi descubrindo as curiosidades do seu bo facer literario.

Moitas grazas Rosa pola túa visita.