SESIÓNS DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL




Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
SESIÓNS DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL
RASTRILLO SOLIDARIO DO LIBRO USADO
“UN LIBRO VELLO É NOVO PARA QUEN O COMEZA A LER”
Con motivo do Día do Libro no colexio celebramos a Semana da Lectura con
diferentes actividades. Unha delas é a organización dun mercadiño solidario de
libros usados. Cada libro terá o prezo simbólico de 0.50 €.
O rastrillo terá lugar dende o día
22 ao 25 de abril e estará situado no patio do colexio. As familias poderán acceder ao mesmo polo portalón de EP,
rúa San Pedro de Mezonzo, á hora da
saída da tarde; os alumnos tamén poderán adquirir os libros durante o momento
do recreo.
Animámosvos a participar nesta actividade solidaria de animación á lectura.
ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES
Na súa visita, a escritora
compartiu divertidas anécdotas, fallou de todas as súas creacións literarias e asinou o noso libro de visitas e os exemplares das súas obras que solicitaron os participantes.