viernes, 28 de mayo de 2021

PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO



 


GAÑADORES DA XVII EDICIÓN DOS PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO



Na tarde do mércores 26 de maio, Escolas Católicas fixo entrega dos galardóns ás obras e autores recoñecidos na XVI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento, cancelada pola Covid-19 fai un ano, e comunicou as obras e autores/as gañadores da XVII edición, que presentou como novidade o recoñecemento ao labor de tradución. Os alumnos de  de Educación Primaria foron convidados a participar no acto virtual da entrega de ditos premios.


Os autores  gañadores nas diferentes categorías foron:

Infantil: Se che pica un mosquito. Jordi Gastó e Christian Inaraja. Ed. Kalandraka;

1ª Categoría (1º -2º EP): Hércules o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Ed. Hércules de Ediciones;

2ª Categoría (3º-4º EP):  Animalia 2 Branco. Xosé Tomás. Ed. Xerais;







3ª Categoría (5º-6º EP): Conta nove estrelas. Andrea Maceiras; Ed. Xerais

4ª Categoría (TRADUCIÓN) (1º-2º ESO): Maneiras de Vivir. Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez;

5ª Categoría (3º-4º ESO): Ardora. Beatriz Maceira. Urco Editora;

6ª Categoría (Bacharelato-adultos): Beleza Vermella. Arantza Portabales. Ed. Galaxia.










lunes, 24 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021



 XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021



Durante estas dúas últimas semanas, o 2º ciclo de Educación Primaria estivo traballando e descubrindo moitísimas cousas sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño.

Vimos diferentes vídeos, escoitamos poemas cantados, traballamos encrucillados, comprensións escritas dos seus poemas, elaboramos marca páxinas e ata un quebracabezas con información sobre a súa vida.


Pasámolo moi ben escoitando poemas do seu libro “Darío a diario” e relatos de narrativa da súa obra “Non te amola!”























viernes, 7 de mayo de 2021

CELEBRANDO A SEMANA DA LECTURA

 OS NOSOS PEQUENOS GRANDES LECTORES!!


Compartimos algunhas fotos e vídeos que chegaron ao noso correo.



Grazas a todos/as por participar.






JULIA

jueves, 6 de mayo de 2021

SEMANA DA LECTURA EN 3º e 4º DE PRIMARIA


 UNHA SEMANA CHEA DE LECTURA 



O día do libro deu comezo unha semana especiamente lectora no corredor de 3ºe 4º de primaria. O servizo de préstamo mutiplicou a súa actividade e calquera momento e lugar acollía aos ávidos lectores.

Lecturas compartidas durante os recreos








Os compañeiros de 4º fixeron carteis anunciando a semana da lectura

















Os compañeiros de 3º nos descubren os beneficios da lectura a ritmo de rap.