A LECTURA É TODO UN MISTERIO
ATRÉVESTE A DESCUBRILO?
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
A LECTURA É TODO UN MISTERIO
ATRÉVESTE A DESCUBRILO?
MARZO, Mes do cómic.
O día 23 de febreiro, no aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de 4º e 5º de EP participou en distintos actos de homenaxe en Santiago. Recitaron poemas como “Como chove miudiño” e compartiron este momento con outros centros, lembrando e celebrando a figura dunha das grandes referentes da nosa literatura.
FEBREIRO, MES DA POESÍA.
ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA PARA O MES DE XANEIRO
Un ano máis o noso alumando de 3º a 6º de primaria exerceu de padriños/madriñas lectores cos seus compañeiros máis pequenos do colexio. Unha vez distribuídos os grupos de padriños/madriñas cos seus afillados/as tiveron unah sesión de presentación e charla que lles permitiu coñecerse. Días despois os maiores acudiron a biblioteca para seleccionar o libro máis adecuado e poder preparar o seu relato mentres que os pequenos preparaban con moito cariño un agasallo con que obsequiar aos seus padriños.
E por fin chegou a última semana de xaneiro moi esperada por todos porque volverían encontrarse para pasar uns momentos entrañables, escoitando as narracións que con tanto agarimo lles prepararon.
A continuación deixamos unha mostra dos encontros literarios dos diferentes grupos.