miércoles, 3 de marzo de 2021

Nuestros caligramas


 caligramas     

Un caligrama es una poesía visual que refleja en sus formas, a través de la disposición de la caligrafía o tipografía, lo que las palabras dicen.

 Esta técnica de escritura surgió con las vanguardias literarias en las primeras décadas del siglo XX. : Guillaume Apollinaire la puso de moda y Vicente Huidobro es su mejor representante en lengua castellana.

Los alumnos de 4º y 5º fomentaron su creatividad y su vena artística realizando caligramas a lo largo de este trimestre.. 

Dejamos aquí una muestra de las obras realizadas:



4º de primaria







5º de primaria














domingo, 28 de febrero de 2021

CLUNY HOMENAXEA A ROSALÍA DE CASTRO

 O colexio Cluny  homenaxea a súa ilustre veciña.



Os máis cativos descubren a súa  figura e obra.




Recitamos poesías 

                                                                               
                                                                       
          Ángela Tubío Paulino (6º B)


Lara Villaverde Díaz (6ºA)
Martina Freire Ponte (5º B)


Jairo Martínez Romero (5ºA)


Laura Balo Fernández (4ºA)

Mario da Costa Castromán (4º B)



Olalla Rodríguez Cacheda (3ºB)


Miguel Herrador Lorenzo (3ºA)




O alumnado de 4º e 6º realiza caligramas











 








martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24 de febreiro


Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para este ano 2021, realizamos unha selección de poemas de Rosalía de Castro que foron inspiración para músicos de moi diferentes estilos.

Baixo o lema  "teus doces cantares" mostramos  unha Rosalía  letrista de cancións de temáticas variadas  que non deixan indiferente a ninguén e que se poden adaptar a todos os tempos.


Os poemas desta escolma serán recitados por varios alumnos de Educación Primaria do colexio na homenaxe, organizada pola Asocioación de Veciños do Ensanche, á santiaguesa máis ilustre polo aniversario do seu nacemento, na que fora a súa casa natal.


Compartimos os poemas elixidos acompañados dun enlace que mostra as verbas de Rosalía feitas canción.






NEGRA SOMBRA. 
Letra: Rosalía de Castro (Follas Novas)
Interpretan: Luz Casal y Carlos Núñez

                                


CAMPANAS DE BASTABALES

Letra: Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)     
Interpretan: Os d´ Abaixo





UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO. 
Letra: Rosalía de Castro (Follas Novas)
Interpretan: O val das mouras        

        




CASTELLANOS DE CASTILLA.     
Letra: Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)         
Interpreta: MJ Pérez




NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN. 
Letra: Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)
Interpretan: Roi Casal                                  



  


A XUSTIZA POLA MAN
Letra: Rosalía de Castro (Follas Novas)
Interpretan: SonDaRúa






AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES
Letra: Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)
Interpretan: Música: Juan Ramos - Voz: Carol Sospedra








ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Letra: Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)     Interpretan: ASTAROT




                                 

domingo, 21 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 

O Día Internacional da Lingua Materna xurdiu en Bangladesh. Foi aprobado na Conferencia Xeral da UNESCO de 1999 e observouse en todo o mundo dende o ano 2000.

A UNESCO cre na importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades sostibles. No marco do seu mandato en pro da paz, traballa para preservar as diferenzas de culturas e idiomas que fomentan a tolerancia e o respecto dos demáis.

A diversidade lingüística  encóntrase cada vez máis ameazada cun maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual.

As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de manera sostible.

 

O tema do Día Internacional da lingua materna 2021 “Fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e a sociedade” recoñece que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión, e que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible  céntranse en non deixar ninguén atrás.

A UNESCO considera que a educación, basada na primeira lingua ou a lingua materna, debe empezar dende os primeiros anos de escolaridade, debido a que a atención e a educación da primeira infancia son o fundamento da aprendizaxe.


Sintámonos orgullosos da nosa lingua e recoñezámola como un valor engadido. 

                    FELIZ DÍA DA LINGUA MATERNA!

Deixamos o enlace a o artigo "Lingua da Memoria" publicado na RAG polo seu presidente: Víctor Freixanes co gallo da celebración do día da lingua materna.


viernes, 19 de febrero de 2021

O ENTROIDO 2021


O ENTROIDO GALEGO


 Compartimos o traballo que realizou o alumnado do noso cole na descuberta dunha das nosas tradicións máis arraigadas:  O Entroido 


ENTROIDO 2021




jueves, 18 de febrero de 2021

BASES CONCURSO LITERARIO "LOLITA IGLESIAS" 2021

 


BASES“CONCURSO LITERARIO : LOLITA IGLESIAS”

CURSO 2020-21




1.    Poderán participar todos  os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO.

2.    Haberá seis categorías:

A  3º e 4º da ESO                                           D  5º de EP

B  1º e 2º da ESO                                            E  4º de EP

C  6º de EP                                                      F  3º de EP

3.    Haberá dúas modalidades:

NARRATIVA:

Categoría A: Extensión mínima: 8 f. Extensión máxima: 15 f.

Categoría B: Extensión mínima: 4 f. Extensión máxima: 10 f.

Categoría C, D, E, F: Libres, sen extensión.

 

POESÍA:

Categoría A: Extensión mínima: 14vv.

Categoría B: Extensión mínima: 14 vv.

Categoría C: Extensión mínima: 12 vv.

Categoría D: Extensión mínima: 12 vv.

Categorías E, F: Libres, sen extensión.

 

CATEGORÍA ESPECIAL ADICADA A “CAMINA”

Inclúe Narrativa e Poesía, en todas as categorías. A extensión correspóndese coa expresada nos apartados anteriores.

 

4.    Os traballos serán orixinais e presentaranse en lingua galega ou castelá.

5.    Os traballos presentaranse escritos a man con bolígrafo azul.

6.    Os traballos deberán entregarse sen grampas, sen portada e paxinados.

Na primeira folla do traballo indicaranse categoría, modalidade e pseudónimo (Moi importante)

7.    Ademais de cumprir os requisitos do achegado 5 das presentes bases, nas categorías A e B os traballos deberán  axustarse ao seguinte formato:

·         Tamaño do papel: DIN- A4

·         Marxe superior e inferior: 3 cm.

·         Marxe dereita e esquerda: 2,5 cm.

8.    Os participantes concursarán baixo pseudónimo. O nome, apelidos e curso do autor deberán presentarse dentro dun sobre pechado. No exterior do sobre indicaranse a categoría,  modalidade e pseudónimo. Este sobre, xunto co traballo, entregarase noutro sobre, (no que figurarán tamén categoría, modalidade e pseudónimo), ao titor/a correspondente.

9.    A data límite para entregar os traballos será o 18 de marzo de 2021

ás 17:30h.

10. Cada participante poderá presentar, como máximo, un traballo en cada modalidade: narrativa, poesía e “CAMINA”.

11.  Establécese un primeiro e un segundo premio por categoría nas modalidades de narrativa e poesía, na modalidade de “CAMINA” establécese un único premio por categoría.

12.  Haberá un xurado composto por un mínimo de cinco profesores (segundo participación) dous representantes de pais/nais de alumnos, como mínimo, e dous alumnos/as e/ou ex-alumnos/as, como mínimo.

13.  Un mesmo traballo non poderá acumular dous premios.

 

14.  O xurado valorará os seguintes aspectos: caligrafía e ortografía; riqueza expresiva; orixinalidade do tema; variedade de vocabulario; puntuación; recursos estilísticos. Todo elo axeitado á idade dos/as participantes.

 

15.  O xurado poderá declarar deserto algún dos premios se a calidade dos traballos presentados non fose a requirida.

 

16.  A decisión do xurado é inapelable. A mesma comunicarase publicamente no mes de abril.

 

17.  As obras gañadoras quedarán en propiedade do Colexio San José de Cluny e poderán ser  publicadas na páxina web  do colexio ou blog da biblioteca do centro, co nome e apelidos dos alumnos/a gañadores.

 

18. En caso de escenario educativo non presencial os alumnos deberán achegar os seus traballos ao colexio entregándoas en portería ou, unha vez fotografadas ou escanadas, realizando un envío ao correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com).

 

19.  A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

 

En Santiago de Compostela a 9 de novembro 2020