martes, 22 de diciembre de 2020

Clunyteka recomenda: lecturas para este Nadal

 

LECTURAS PARA ESTE NADAL

Non sabes que aventura ler ou con que poema deixarte levar nestas vacacións?  Preme neste vínculo e descubrirás sorpresas maravillosas!!


Clunyteka Recomenda




martes, 15 de diciembre de 2020

SOMOS DE COLORES: AUTORRETRATO INSPIRADO EN "HUMANAE"

 

SOMOS DE COLORES: AUTORRETRATO INSPIRADO EN "HUMANAE"

Esta semana hemos aprovechado el contenido de Lengua sobre Autorretratos y Descripción de personas para reflexionar sobre la autopercepción, la igualdad y la diversidad. Hemos conocido la figura de Angélica Dass, fotógrafa brasileira creadora del proyecto Humanae, que intenta demostrar que ni los blancos son tan blancos ni los negros son tan negros mediante millares de retratos de personas nacidas en diferentes geografías, climas y latitudes.... ¡¡Ha sido fantástico descubrir los distintos matices de cada uno de nuestros artistas !!👩‍🎨👨‍🎨🥰


Angélica Dass: ¿De qué color es el color carne?


















jueves, 10 de diciembre de 2020

 

                                         O CLUB DE LECTURA “FRAPS” RECOMENDA …

 

 

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía?

Atrévete a descubrilo!

Solicita o libro na biblioteca e acompaña a Jules Verne na súa aventura. Esperamos o teu comentario....


viernes, 30 de octubre de 2020

Carapuchos Abelleiros 2020

 

Carapuchos abelleiros 2020


 

Un ano máis a nosa Biblioteca presenta o concurso “CARAPUCHOS ABELLEIROS”. Destinado aos alumnos de primaria, o concurso fomenta a creatividade e o coidado da casa común. Os participantes presentarán un debuxo relacionado coas abellas, as flores, a polinización ou o medio ambiente xunto a unha frase, en lingua galega,  que recolla a idea traballada. O xurado elixirá un gañador por curso que recibirá una tarro de mel, ser nomeado padriño ou madriña dunha colmea e a posibilidade de visitala en primavera ou cando a situación que estamos a  vivir o permita.

Presentamos o cartel desta edición e recordamos que poderedes consultar todas as novidades sobre o concurso no blog CLUNYTEKA.

lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS CLUNY SANTIAGO

 



O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis próxima á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo.", explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

A nosa Biblioteca acepta a invitación de Bibliotecas Escolares para celebrar esta xornada e anímate a que participes na difusión da obra das mulleres escritoras.

Só tes que elixir un parágrafo ou poema dunha escritora e envialo a clunyteka@gmail.com  para encher o noso blog coas súas verbas.

Mentres recibimos a  túa selección podes ler a recompilación de escritoras galegas que fixeron dende Bibliotecas Escolares.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/D%C3%AD_das_Escritoras_20.v1.pdf

 


viernes, 19 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

CONCURSO LITERARIO LOLITA IGLESIAS 2020 (CLUNY SANTIAGO)


CONCURSO LITERARIO LOLITA IGLESIAS 2020


A presente edición do noso concurso literario é tan atípica como a situación que estamos a vivir.
Grazas a que este ano se adiantou a convocatoria coa intención de dar os premios o Día do Libro, os participantes entregaron os seus traballos á volta do Entroido e houbo o tempo xusto de facer o reparto aos membros do xurado para que, durante o confinamento, fixeran a lectura e a valoración dos mesmos. Consultada con eles a posibilidade de cancelación, estimaron oportuno continuar coa convocatoria aínda que se demorara a data da entrega de premios.


Nun encontro telemático que se mantivo o pasado mércores 3 de xuño, o xurado composto por varios profesores do centro, dúas nais de alumnos e un antigo alumno outorgaron os galardóns aos mellores traballos de cada categoría. O xurado destacou a calidade de varios textos e atopou dificultades para decantarse por un deles nalgunha categoría polo que algúns premios son compartidos.

Unha vez descubertas as identidades dos pseudónimos foi posible comunicar a boa nova a cada pequeno gran escritor facilitándolle o merecido diploma.🥰🥰🥰

Noraboa a todos!!!



Preme nos nomes dos premiados (debaixo da foto) se queres ler as súas obras maestras!!!


CAT-A-1ºPREMIO-NARRATIVA:MARTA RICO
CAT-B-1ºPREMIO-NARRATIVA-KATIUSKA PEROZO

























CAT-C-1º.PREMIO-NARRATIVA-XIANA AMOSA
CAT-C-1º.PREMIO-NARRATIVA:ALBA RICO




CAT-C-2º.PREMIO.POESÍA:MATEO SÁNCHEZ
CAT-C-PREMIO CATEGORÍA ESPECIAL-CARLA FERNÁNDEZ




CAT-D:1º PREMIO POESÍA: MIRIAM TOANDE
CAT D 2º PREMIO NARRATIVA. BRIGITTE GONZÁLEZ





CAT D 2º PREMIO POESÍA. FRANCESCA BERNARDI

CAT D 2º PREMIO POESÍA. JUAN MANUEL KURTUKIAN


CAT E 1º PREMIO POESÍA. JOSÉ GONZÁLEZ DE LA BALLINA

CAT E 1º PREMIO POESÍA. MARCOS SÁNCHEZ






CAT E 2º PREMIO POESÍA- ANÓNIMO



CAT E 2º PREMIO POESÍA. MARINA MOSQUERA
CAT E PREMIO CATEGORÍA ESPECIAL. DANIEL FERNÁNDEZ
CAT F 1º PREMIO NARRATIVA. ALBA LAGE
CAT F 2º PREMIO NARRATIVA. ADRIANA GONZÁLEZ








miércoles, 3 de junio de 2020

DESDE EL CONFINAMIENTO: CREACIONES DE LOS ALUMNOS



Esta entrada te llevará a las tareas que los propios alumnos están subiendo al blog. ¿qué parece la gran creatividad de todos ellos?  

Anna González Bernal.....Aquí os dejo una obra maestra!






Pablo Silva: teatro de sombras:







Hugo Crespo:








 Haz clik en la imagen:



 DESDE EL CONFINAMIENTO